Sunday 05 de May de 2024

Catro operarios súmanse durante seis meses á Brigada Municipal de obras de Riveira


O Concello de Riveira informa de que a Brigada Municipal de Obras se vai ver reforzado os vindeiros 6 meses coa contratación temporal de 4 novos operarios.

Esta contratación a xornada completa supón pasar de 9 a 13 o número de operarios, o que permitirá incrementar o ritmo de pequenas actuacións de mantemento e melloras que se realizan en todo o municipio.

Entre elas, pequenas obras de accesibilidade como a rampla de minusválidos que están a executar esta semana na rúa Cruceiro de Cruces en Palmeira.